Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(26-09-2017)

sve

Promocionando o Servizo Voluntariado Europeo (SVE/EVS)

Por segundo ano Amigos da Terra realiza un proxecto de promoción entre a mocidade galega do Servizo Voluntario Europeo (SVE). Este programa fomenta a mobilidade dos mozos e mozas europeas para que coñezan as diferentes realidades culturais e sociais doutros países participando en proxectos de moi diferente índole (deportivos, ambientais, sociais, culturais, etc)

Este voluntariado ao ter lugar no estranxeiro, amplifícanse as súas vantaxes, xa que non só se trata de desfrutar dunha experiencia persoal única se non que, tal e como constatan estudos recentes, adquírense coñecementos e se fortalecen habilidades craves que son altamente valoradas polas empresas. Sen embargo, a pesar das innumerables vantaxes que teñen este tipo de programas, sabemos que son practicamente descoñecidos entre a mocidade e incluso entre as entidades, xa que en Galicia apenas existen organizacións tanto de envío como de acollida.

Polo tanto, a través do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Amigos da Terra, unha asociación con máis de 16 anos de experiencia na xestión deste tipo de voluntariado, vai levar a cabo distintas actividades que se desenvolverán ata mediados de outubro. O obxectivo non é só difundir o SVE e as súas vantaxes entre a mocidade galega, se non intentar que se sumen máis entidades para enviar e acoller voluntariado de outras nacionalidades.

A diferenza do ano anterior, este ano a través das/os orientadores escolares desprazarémonos aos centros educativos para presentar o programa. Nestas presentacións levarase a cabo un primeiro achegamento ao SVE, as súas vantaxes, os requisitos de participación, a duración, as actividades que se poden levar a cabo e as condicións de financiamento. Tamén se contará ca testemuña de persoas voluntarias de diferentes países que achegarán a súas vivencias.

Para culminar o proxecto, realizaremos en Ourense un encontro final de convivencia e onde compartir experiencias entre toda a xente interesada e onde se convidarán a outras asociacións e persoas voluntarias, tanto estranxeiras como nacionais que desfrutaron ou están a levar a cabo o SVE, e que rematará cun xantar conxunto. A finalidade é socializar e horizontalizar as experiencias en torno a este voluntariado, estimular a relación social e crear un espazo de confianza no que xurdan novas iniciativas e que o espírito de emprendemento social se contaxie.
[ASOCIACIÓN AMIGOS DA TERRA GALICIA-XUVENTUDE]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds