Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(06-10-2017)

Cartaz DTL

Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre

Formación oficial homologada pola Xunta de Galicia.

Este ano queremos rematar o 2017 cunha formación que ascende un nivel dentro do mundo do tempo libre, ademais de seres unha titulación cada vez máis demandada tanto por empresas e asociacións como por particulares. Non remates o ano sen facerte director/a!

O curso terá lugar as fins de semana e venres comprendidos entre o 6 de outubro e o 3 de decembro, atendendo ao horario que atoparás na nosa páxina web.

As fins de semana do 7 e 8 de outubro e o 4 e 5 de novembro non haberá curso.

Tanto as datas como o horario do curso está aberto a cambio se así o manifesta o alumnado (sempre que sexa factible por parte da entidade).

Haberá tres xornadas abertas á sociedade de actividades de dinamización social directamente relacionadas coa titulación, organizadas polo propio alumnado, coa finalidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos na xestión e coordinación de actividades de lecer.

APORTACIÓN: 150 € para voluntariado, socios/as e persoas en desemprego con tarxeta de demandante de emprego, e 175 € para o resto das persoas.

Haberá posibilidade de facer o pago fraccionado en tres partes:

Matrícula e reserva de praza (antes do 1 de outubro): 60€ / 75€

Segundo pago (antes do 20 de outubro): 60€ / 60€

Terceiro pago (antes do 20 de novembro): 30€ / 40€

Requisitos (Decreto 50/2000):

* Título de monitor/a de actividades de tempo libre

* Titulación mínima de bacharelato ou formación profesional.

* Experiencia de traballo como monitor/a de 250 horas ou 30 días de campamento. Acreditarase mediante certificados de empresa, vida laboral ou contratos. As horas deberán ter sido traballadas despois da obtención do título de monitor/a.

Contidos

1ª parte (40 horas). Área de psicosocioloxía:

Dirección de equipos e liderato

Análise das realidades sociais

2ª parte (25 horas). Área de intervención educativa:

As correntes pedagóxicas e a súa influencia na pedagoxía do tempo libre.

A pedagoxía do ocio. O concepto de tempo libre.

Educación en valores: o ideario educativo.

Metodoloxía e modelos de intervención en actividades de tempo libre: actividade, participación, convivencia.

Asociacións como espacio educativo.

3ª parte (85 horas). Área de xestión:

Planificación e deseño de proxectos de intervención

Estratexias de xestión

Organización e modelos organizativos

Administración, xerencia e xestión económica

Lexislación

Políticas e recursos institucionais

Para inscribirte, simplemente deberás encher o formulario que atoparás na páxina web de Xaruma: http://www.xaruma.org/evento/329_eventosxaruma.html

O curso non se realizará se non hai un mínimo de 12 persoas apuntadas.

Os cartos non se devolverán salvo que a praza sexa cuberta ou o curso finalmente non se realice.
[ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds