Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(01-09-2017)

Eira da Cruz en Puxedo

Voluntariado ambiental no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Sustinea e a Asociación Xuvemprende de Puxedo queren promover o desenvolvemento sostible dos espazos naturais vencellando o patrimonio ambiental ao cultural, etnográfico e histórico mediante a participación voluntaria das veciñas e persoas interesadas en coñecer, conservar e por en valor os nosos espazos naturais.

Días: 8, 9 e 10 de Setembro.

Obxectivos:

As actividades que se desenvolverán no Voluntariado Ambiental de Puxedo son as seguintes:

- Recuperación de elementos patrimoniais, como é o Muíño que forma parte do roteiro etnográfico do Puxedo. Serán actividades encamiñadas á recuperación de elementos de interese etnográfico, histórico e cultural vencellados ao medio natural e actividades que impliquen a participación das veciñas.
- Mellora da paisaxe e achegamento aos espazos de interese na natureza con actuacións e acondicionamento do roteiro a carón do río Mao.

Actividades complementarias:

- Actividades encamiñadas a coñecer os valores do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés, motivo da súa especial conservación. Seguemento e identificación de fauna e flora.
- Dinámicas que buscan a sensibilización ambiental e o contacto directo coa natureza.

O voluntariado inclúe:

-Desprazamento dende Ourense.
-Manutención.
-Aloxamento no refuxio de montaña de Alvite.
-Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Organizan: Sustinea e asociación Xuvemprende de Puxedo.

Os puntos de quedada serán en Ourense na Estación de Autobuses ás 12h ou no refuxio de montaña de Alvite ás 13:30.

Para máis información:

Sustinea 988 782 964
[ASOCIACION SUSTINEA]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds