Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(09-08-2017)

CURSO PARA VOLUNTARIOS: O ENVELLECEMENTO NAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL DE GALICIA

Obxectivos:
-Informar e sensibilizar sobre as actuacións máis axeitadas para intervir con persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento.
-Presentar unha panorámica sobre o envellecemento das persoas con discapacidade intelectual.

Contidos:
UNIDADE DIDÁCTICA 1. Aspectos introdutorios (1 hora)
UNIDADE DIDÁCTICA 2. Envellecemento en persoas con discapacidade intelectual (2 horas)
UNIDADE DIDÁCTICA 3. Ferramentas de avaliación (2 horas)
UNIDADE DIDÁCTICA 4. Propostas de intervención en persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento(3 horas)


PERFIL DOCENTE:
DNA PILAR VILLAVERDE SOUTO. Educadora social. Técnico de Fademga Plena inclusión Galicia responsable do Programa de Envellecemento Activo de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Data de celebración: Sábado 30 de setembro de 2017.

Duración: 8 horas.

Horario: 10:00 a 14:00 e 15:30 a 19:30

Lugar de celebración: Sede de Fademga Plena inclusión Galicia. Vía Pasteur 53-A. 15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

Prezo: Gratuito.

Nº prazas:
25 prazas.

Destinatarios: Voluntarios en entidades sociais (maiores de 16 anos).

Prazo de inscrición: 20 de setembro de 2017.

Para inscribirse : Enviar vía e‐mail a formacion@fademga.org :
•Ficha de inscrición e LOPD cumplimentada.
•Carné/compromiso/convenio que acredite ser voluntario dalgunha entidade social.

Á hora de seleccionar os participantes do curso, primarase:
1.Ser voluntario en entidades socias de Special Olympics Galicia e entidades federadas de FADEMGA Plena inclusión Galicia .
2.Orde de chegada da solicitude



[ASOCIACION DE PADRES, PROFESIONALES Y AMIGOS DE PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL, SPECIAL OLYMPICS GALICIA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds