Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(06-07-2017)

Taller de LSE online

Taller de lingua de signos española (LSE) on line

A FAXPG organiza un curso online de LSE de 60 horas. Impartírase dende o 11 de setembro ata o 11 de novembro do presente ano, cun costo de 80€.

Nivel A1 adaptado ó Marco Común Europeo de referencia para as linguas (MCER).

Unha vez rematado o curso entregarase un certificado homologado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE).

Con esta modalidade preténdese dar cobertura a todas aquelas persoas con ganas de aprender a lingua de signos española, pero que non teñen dispoñibilidade horaria para participar noutro tipo de formacións.

O plazo para matricularse finalizará o 4 de setembro de 2017.

Para mais información: www.faxpg.es
[FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA, FAXPG]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds