Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(01-06-2017)

ORDE do 15 de maio de 2017 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil

Entidades beneficiarias

Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado enmarcados no programa Servizo de voluntariado xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2017.

Obxecto

Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017. O dito programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e ás entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia a mozos/as galegos/as para a súa colaboración como voluntarias/os na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria.

Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 15 de maio de 2017 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Contía
A contía global da convocatoria é de trescentos setenta e tres mil seiscentos trinta euros (373.630 €), dos que cento setenta e tres mil oitocentos euros (173.800 €) se reservan para entidades locais con cargo á aplicación orzamentaria 12.05.312F.460.0, mentres que os restantes cento noventa e nove mil oitocentos trinta euros (199.830 €) son para entidades de acción voluntaria con cargo á aplicación orzamentaria 12.05.312F.481.0. Finánciase o 100 % do proxecto, cuxo orzamento non poderá ser superior aos 4.800 €.

Solicitudes, prazo de presentación e documentación
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o do día seguinte ao da publicación da correspondente orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal..
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de
identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).


Onde solicitar Chave365

Outros datos
Coa presentación da solicitude achegarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de beneficiarios. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias con que se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada un dos voluntarios/as, e do número de días que participará cada un, así como do custo que correspondería por número de voluntarios/as e días e dun orzamento desagregado do custo das demais actividades.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima e a concesión efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.


A novidade con respecto ao ano anterior é a inclusión de dúas novas áreas nos programas:

- Actividades relacionadas coa posta en valor do medio rural.
- Actividades relacionadas co benestar das persoas maiores.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima e a concesión efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26451

Acceso ao espazo de procedementos e solicitudes

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds