Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(26-05-2017)

XIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Serán os días 16 e 17 de xuño de 2017 nas ribeiras e sobreiral do río Arnego.

Este ano 2017 continuaremos realizando unha de descuberta de biodiversidade, tamén coñecida como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais. O venres estará adicado á captua e identificación de morcegos. O sábado cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo. Con esta actividade queremos divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos.
Podes anotarte nos teléfonos:
981 57 00 99 / 616 238 050
ou no e-mail: pacobanhobre@adega.gal
[ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA, ADEGA]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds