Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(10-05-2017)

A Xunta apoia a asociación compostelá de esclerose múltiple na nova edición da carreira e andainas solidarias

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, fixo un chamamento á participación da mocidade durante o acto de presentación da actividade.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez, participou na presentación da “III Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, que organiza a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple e que terá lugar o domingo 21 de maio. Durante o acto, que tivo lugar na sede da entidade, proxectouse un vídeo de promoción deste evento deportivo e solidario.

Cecilia Vázquez animou á cidadanía galega a participar en actividades solidarias como esta que leva a cabo Acem. Neste sentido, explicou que Galicia conta a día de hoxe con máis de 900 entidades de acción voluntaria inscritas no seu rexistro oficial, alcanzando os preto de 40.500 voluntarios. “Esta carreira é unha nova oportunidade para poñer de manifesto as inquedanzas, a implicación e as gañas de colaborar do voluntariado galego en iniciativas importantes como é esta carreira en prol das persoas con esclerose múltiple”, apuntou.

Asemade, esta responsable autonómica encomiou o traballo que realiza Acem no tocante á organización e promoción de todo tipo de accións destinadas a mellorar a situación das persoas afectadas pola esclerose múltiple e enfermidades semellantes. Na actualidade conta con 175 socios e entre os servizos que presta están o de asesoramento e información, fisioterapia e logopedia, actividades de lecer e tempo libre ou programas de acompañamento, entre outros.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds