Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(21-04-2017)

III CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLA ESCLEROSE MÚLTIPLE

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A.C.E.M.), organiza a “III Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple”, o domingo 21 de maio de 2017, na localidade de Santiago de Compostela.

LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria (Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da Alameda e a Residencia.

- O horario de saída da Andaina será aproximadamente ás 12:30h -as categorías escolares comezan ás 11h, a absoluta ás 12h- unha vez teña rematado a categoría absoluta (duración de 20-25min aprox.), dará comezo a andaina.

Horarios de saída dos infantís e xuvenís (ano de nacemento):

Escolares A (2008-2011): 500 metros. Saída: 11:00
Escolares B (2005-2007): 2,5 km. Saída: 11:15
Escolares C (2004-16 anos): 5 km. Saída: 11:15
Pitufos (2012 ata a actualidade): 150m Saída:12:50 (pechando o evento).


INSCRICIÓNS
Inscrición online e outros puntos de inscrición consultar en polaesclerose.galitiming.com ou na asociación (rúa Queixume dos Pinos s/n Salgueiriños en horario de 9:00 a 14:00 horas).
O custo da inscrición é de 5 euros.

Tamén podes participar con ingresos e doazóns co DORSAL 0.

Para máis información podedes contactar a través do teléfono 981575240 ou nos correos acem.santiago@gmail.com ou en info@galitiming.com
[ASOCIACIÓN COMPOSTELÁ DE ESCLEROSE MÚLTIPLE, ACEM]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds