Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(17-04-2017)

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse no curso presencial 'Curso de voluntariado. Nivel básico 2017'

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre o prazo de inscrición na nova edición do Curso de voluntariado. Nivel básico 2017, de 20 horas de duración e de carácter presencial, que se celebrará os días 3, 10, 24, 31 de maio e 7 de xuño no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. O número de prazas está limitado a 25 e as persoas interesadas deben anotarse na páxina web do Voluntariado Galego.

Esta acción formativa está destinada preferentemente a persoal técnico e a persoas voluntarias de entidades censadas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, e ten por obxecto capacitar ao alumnado para a elaboración e xestión de proxectos de voluntariado. O curso enmárcase no plan formativo que neste ámbito ten en marcha a Administración autonómica coa finalidade de mellorar a acción voluntaria, en termos de transparencia, eficacia e eficiencia.

A área de Xuventude do Goberno galego reforza en 2017 a súa oferta formativa en voluntariado con máis cursos básicos e de especialización nas áreas ambiental, recuperación patrimonial e prevención de violencia de xénero. Ademais, incorpora como novidades temáticas tres novas accións formativas centradas en continxencias marítimas, riscos laborais e maiores; e está previsto igualmente para o último trimestre un curso de voluntariado en catástrofes e emerxencias.

Esta programación formativa responde aos retos fixados na Estratexia Galega de Acción Voluntaria 2016-2018. Ao longo de 2016, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofertou na súa plataforma de formación en liña nove cursos, aos que se teñen que engadir outros tres de carácter presencial.

Asemade, o ano pasado foron 1320 as persoas que finalizaron con éxito a súa formación en voluntariado, conseguindo deste xeito unha mellora nas súas habilidades de carácter formal e non formal que lles vai permitir identificar as claves para recoñecer a labor do voluntariado e os beneficios para as entidades de acción voluntaria e persoas voluntarias.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds