Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(10-04-2017)

A Xunta mellora a formación do voluntariado con novos cursos en contixencias marítimas, riscos laborais e maiores

O plan de formación da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado inclúe accións de formación básica en proxectos e de especialización nos ámbitos ambiental, recuperación patrimonial, prevención da violencia de xénero e catástrofes e emerxencias.

O vindeiro 3 de maio comezará un novo curso presencial de formación básica en proxectos de voluntariado destinado preferentemente a persoal técnico e persoas voluntarias de entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Administración autonómica.

En 2016, máis de 1300 persoas finalizaron con éxito os cursos impulsados por Xuventude ao abeiro da Estratexia Galega de Acción Voluntaria 2016-2018.

A Xunta de Galicia consolida a oferta formativa en voluntariado con máis cursos de formación básica en proxectos e de especialización nas áreas ambiental, recuperación patrimonial e prevención da violencia de xénero, aos que ademais se incorporan como novidades temáticas tres novas accións formativas centradas en continxencias marítimas, riscos laborais e maiores. Así mesmo está previsto igualmente no ultimo trimestre do ano un curso de voluntariado en catástrofes e emerxencias.

Así, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza para o día 3 de maio outra nova edición do Curso de Formación Básica en Proxectos de Voluntariado, que ten carácter presencial e que se desenvolverá no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil. A súa duración será de 20 horas e vai destinado preferentemente ao persoal técnico e as persoas voluntarias das entidades censadas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia. A inscrición ábrese o vindeiro 17 de abril e farase a través da páxina web do Voluntariado Galego. O número de prazas está limitado a 25.

Este e os demais cursos formativos responden aos retos fixados na Estratexia Galega de Acción Voluntaria 2016-2018. De feito o plan de formación pretende a mellora da xestión voluntaria, en termos de transparencia,, eficacia e eficiencia. Ao longo de 2016, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofertou na súa plataforma de formación en liña nove cursos aos que se engaden outros tres de carácter presencial.

O ano pasado, un total de 1320 persoas finalizaron con éxito a súa formación en voluntariado, conseguindo deste xeito unha mellora nas súas habilidades de carácter formal e non formal que lles vai permitir identificar as claves para recoñecer a labor do voluntariado e os beneficios para as entidades de acción voluntaria e persoas voluntaria. Ademais, estes cursos capacitan aos participantes para a elaboración e xestión de proxectos de voluntariado, tendo en conta tanto o contexto como as características das persoas ás que van dirixidos.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds