Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(09-04-2017)

A Xunta pon en marcha 125 incubadoras de proxectos para involucrar á mocidade no desenvolvemento das súas ideas

Trátase de foros que se celebrarán en toda Galicia ata o mes de maio e que buscan a consolidación dos programas de participación xuvenil como actividades que permiten aos mozos e mozas desenvolver as súas capacidades.

A Xunta de Galicia puxo en marcha esta semana unha nova edición do programa Incubadoras de proxectos da Consellería de Política Social. Trátase dun total de 125 foros que terán lugar en toda a xeografía galega ata o mes de maio. Con eles, búscase a consolidación dos programas de participación xuvenil como actividades de aprendizaxe non formal que permiten aos participantes desenvolver as súas capacidades, creatividade e espírito emprendedor, involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos.

En concreto, nos foros facilitaráselles información sobre os programas Iniciativa Xove (que permite sufragar proxectos). Voluntariado xuvenil (que apoia a incorporación de voluntarios a proxectos desenvoltos por concellos ou entidades) e Galeuropa (programa de mobilidade para a realización de prácticas formativas en empresas doutros países).

A iniciativa está enfocada aos mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e busquen mellorar as súas competencias e destrezas na redacción e execución dos mesmos.

Deste xeito, os destinatarios principais deste programa son animadores xuvenís, técnicos municipais, axentes de desenvolvemento local, concelleiros de xuventude, membros de asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, estudantes e, en xeral, calquera colectivo interesado nos programas de participación xuvenil.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds