Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(05-04-2017)

Galicia participa na III Conferencia Autonómica de Participación Cidadá celebrada en Mérida

A conferencia serviu para o intercambio de experiencias e boas prácticas no eido da participación.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou hoxe en Mérida na III Conferencia da Rede Autonómica de Participación Cidadá. O encontro, que se celebrou na sede da Presidencia da Junta de Estremadura, contou coa asistencia de responsables de varias Comunidades autónomas nas áreas de xuventude, transparencia e cooperación, e serviu para dar continuidade ao traballo iniciado na primeira e segunda conferencia nesta materia que tiveron lugar nas cidades de Zaragoza e Tenerife.

Cecilia Vázquez explicou que esta xuntanza “representa un reto e unha oportunidade para establecer un frutífero intercambio de experiencias e boas prácticas no eido da participación cidadá”. Neste sentido, o obxectivo desta conferencia foi o de consolidar a Rede Autonómica de Participación e, ao mesmo tempo, sentar as bases para que a colaboración entre administracións neste ámbito sexa continuado.

Ademais, a directora xeral de Xuventude defendeu a necesidade de “facilitar o logro dunha sociedade cada vez máis implicada e consciente dos seus dereitos e deberes en materia de participación”. Nesta liña, indicou que estas conferencias son o espazo axeitado para establecer estratexias e propostas para a mellor expresión da participación cidadá nas súas distintas dimensión”.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds