Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(04-04-2017)

A Xunta de Galicia felicita os participantes no Servizo de Voluntariado Xuvenil en 2016

Os proxectos desenvolvidos por 14 entidades contaron coa implicación directa de 146 mozos e mozas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil no acto de entrega de diplomas ás persoas voluntarias participantes nos 22 proxectos do Servizo de Voluntariado Xuvenil 2016 que se desenvolveron na comarca de Santiago. Os proxectos, cunha duración comprendida entre 15 e 60 días, contaron coa implicación directa de 146 mozos e mozas de entre os 16 e 30 anos.

As entidades que colaboraron neste programa de voluntariado da Xunta foron a Sociedade Deportiva Compostela, a Asociación Centro Xuvenil Don Bosco, Agadea, a Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago, Feapes Galicia, o Club San Francisco Teo, a Agrupación Folklórica Santiaguiños, a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, a Asociación Erasmus Compostela, Amicos, a Anpa Armando Cotarelo Valledor, Fundaspe e Apalc; así como os concellos de Rois, Negreira, Lousame, Boimorto, Val do Dubra, Porto do Son, A Baña, Padrón e Ames.

As accións desenvolvéronse nos campos da xuventude, do medio ambiente, da recuperación da cultura, arte e tradicións populares galegas. Tamén se centraron no Camiño de Santiago e na igualdade de xénero.
A Xunta de Galicia destinou no pasado ano un total de 375.000 euros a este servizo, dos que 175.000 foron destinados para entidades locais e 200.000 para entidades de acción voluntaria, co obxecto de colaborar na promoción de actividades no ámbito do voluntariado e influír no desenvolvemento comunitario.
En cifras globais, referidas ao conxunto da nosa comunidade autónoma no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, participaron un total de 580 persoas voluntarias, 35 concellos e 50 entidades de acción voluntaria.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds