Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(31-03-2017)

A Xunta recoñece o traballo dos participantes no Servizo de Voluntariado Xuvenil en 2016

Os proxectos desenvolvidos por once entidades contaron coa implicación directa de 61 mozos e mozas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou nas instalacións do Albergue LUG II no acto de entrega de diplomas ás persoas voluntarias participantes nos 11 proxectos do Servizo de Voluntariado Xuvenil 2016 que se desenvolveron na provincia lucense. Os proxectos, cunha duración comprendida entre 15 e 60 días, contaron coa implicación directa de 61 mozos e mozas de entre os 16 e 30 anos.

As entidades que colaboraron neste programa de voluntariado da Xunta foron a Asociación Síndrome de Down de Lugo, a Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais Alume, a Asociación Aliad-Ultreia e a Asociación Xuvenil e Cultural Ateibo; así como os concellos de Vilalba, Guitiriz, Viveiro, Xove, Rábade, Ourol e Alfoz. As accións desenvolvéronse prioritariamente en torno á recuperación da cultura, arte e tradicións populares galegas; o Camiño de Santiago; traballos con colectivos en situación de risco; e actividades xuvenís, ambientais ou relacionadas coa igualdade de xénero, entre outras.
A Xunta de Galicia destinou no pasado ano un total de 375.000 euros a este servizo, dos que 175.000 foron destinados para entidades locais, e 200.000, para entidades de acción voluntaria, co obxecto de colaborar na promoción de actividades no ámbito do voluntariado e influír no desenvolvemento comunitario.
En cifras globais, referidas ao conxunto da nosa comunidade autónoma no programa Servizo de voluntariado xuvenil, participaron un total de 580 persoas voluntarias, 35 concellos e 50 entidades de acción voluntaria.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds