Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(02-05-2007)

Solidaridade Internacional de Galicia

Promoción activa da introdución de produtos de comercio xusto en institucións públicas, organizacións, empresas, establecementos de hostelería e particulares.

A través da campaña Comercio Con-Sentido, que se está a desenvolver en colaboración coa Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, preto de mil cincocentos mozas e mozos galegos de E.S.O. e Bacharelato estanse achegando ao comercio xusto.

Estes escolares terán a oportunidade de coñecer de preto produtos como o café, té ou cacao, lugares onde se producen, baixo que condicións, quen os transforma e como se distribúen os
beneficios.

Os centros educativos, departamentos de servizos sociais dos concellos e ongs, que desexen promover o comercio xusto poden solicitar a Solidaridade Internacional os materiais e a exposición de fotografías da campaña "Comercio Con-Sentido".

Se queres consumir estes produtos do comercio xusto, café, infusións, azucre, na túa casa, lembra que podes achegarte a calquera das tendas de Comercio Xusto que Solidaridade Internacional ten en Galicia:

· Na Coruña, na Rúa Cordelería, 79,
· En Ourense na Rúa da Paz 8.

Máis información no 988 222 797 ou na web www.solidaridadgalicia.org

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds