Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(15-03-2017)

A Xunta de Galicia recoñece o traballo dos participantes no Servizo de voluntariado xuvenil en 2016

Os proxectos desenvolvidos por 37 entidades contaron coa implicación directa de 265 mozos e mozas.

As áreas de actuación con maior nivel de presencia voluntaria foron as desenvolvidas con mozos e colectivos en situación de risco.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou na Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña no acto de entrega de diplomas ás persoas voluntarias participantes nos 37 proxectos do Servizo de voluntariado xuvenil 2016 que se desenvolveron na provincia. Os proxectos, cunha duración comprendida entre 15 e 60 días, leváronse a cabo en 23 entidades de acción voluntaria e 14 concellos coruñeses, e contaron coa implicación directa de 265 voluntarias e voluntarios, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos.
As áreas de actuación con maior nivel de presencia voluntaria foron as desenvolvidas con mozos e colectivos en situación de risco. As actividades relacionadas co Camiño de Santiago, ambientais e de recuperación da cultura/artes e tradicións galegas foron obxecto igualmente da achega solidaria das persoas e entidades voluntarias participantes.


A Xunta de Galicia destinou no pasado ano un total de 375.000 euros a este servizo, dos que 175.000 foron destinados para entidades locais, e 200.000, para entidades de acción voluntaria, co obxecto de colaborar na promoción de actividades no ámbito do voluntariado e influír no desenvolvemento comunitario.


En cifras globais, referidas ao conxunto da nosa comunidade autónoma no programa Servizo de voluntariado xuvenil, participaron un total de 580 persoas voluntarias, 35 concellos e 50 entidades de acción voluntaria.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds