Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(13-03-2017)

Promocion Down Galicia_La Voz de Galicia

Colabora con Down Galicia no Día Mundial da síndrome de Down

Cárgate de solidariedade e apoia a Down Galicia!!

Estimad@s amig@s,

Desde Down Galicia queremos informarvos de que este ano, con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, estamos a realizar unha campaña de promoción en colaboración co xornal La Voz de Galicia. Trátase dunha batería recargable externa, que ten por lema "Cárgate de solidariedade e apoia a Down Galicia". Coa compra desta batería poderedes contribuir de forma directa ós programas de autonomía persoal que desenvolven as entidades Down en Galicia.

Pero esta campaña pretende, sobre todo, concienciar á sociedade, nun día tan sinalado para nós, sobre a necesidade de proporcionar entornos adecuados onde as persoas coa síndrome de Down poidan demostrar a súa valía e crecer levando unha vida autónoma formando parte da súa comunidade de forma visible e activa.

Achegamos documento coas características da campaña, que consiste fundamentalmente na reserva da batería no voso quiosco antes do xoves 16 de marzo, para que a poidades recoller xunto co xornal La Voz de Galicia o vindeiro martes 21 de marzo.

Máis información: http://downgalicia.org/2017/03/12/este-dia-mundial-cargate-de-solidariedade/

Agradecemos, ademais da vosa colaboración, a difusión que poidades realizar desta campaña.
Un saúdo.
[FEDERACIÓN GALEGA DE INSTITUCIÓNS PARA A SÍNDROME DE DOWN, DOWN GALICIA]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds