Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(02-02-2017)

Rey Varela visita a sede da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañou esta mañá ao director general de Políticas de Apoyo a la Discapacidad, Borja Fanjul Fernández-Pita, durante a súa visita ás instalacións de Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) na capital galega.

Alí, ambos responsables das políticas en materia de discapacidade puxeron en común as principais liñas de actuación que están a levar a cabo. Así mesmo, o titular estatal coñeceu de primeira man as actividades e servizos prestados pola asociación. Á visita tamén asistiu o, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

O encontro, no que percorreron as instalacións da entidade, serviu tamén para presentar a historia da organización e as actividades e servizos que desenvolve ao responsable das políticas en apoio á discapacidade a nivel estatal. O conselleiro agradeceu a visita de Borja Fanjul, “toda unha mostra de que tamén dende o goberno de España se respalda e apoia ás persoas con discapacidade da nosa comunidade”, engadiu o titular de Política Social.

Rey Varela subliñou que “COGAMI é un instrumento fundamental para dar voz ao colectivo e ás súas familias, na defensa dos seus dereitos e na consecución da plena integración social”. Por elo, o conselleiro reafirmou o seu compromiso e o do goberno galego con esta entidade. “Só en perfecta consonancia coas entidades do terceiro sector, poderemos lograr o noso obxectivo común: a plena integración de todos os galegos e galegas na sociedade”.

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

COGAMI nace no ano 1990 coa firme intención de dar solucións ao illamento no que vivían a maioría das persoas con discapacidade, especialmente no rural. Ademais deste obxectivo, hoxe COGAMI busca acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. COGAMI é un movemento asociativo que destaca polos seus valores e liderado na procura de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos a este colectivo.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds