Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(24-01-2017)

MTL

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre

Fórmate nun traballo con ampla demanda

Comezamos o primeiro trimestre do ano cunha nova formación no eido do tempo libre. Un título moi importante se te dedicas á área da educación ou do social, e moi útil para complementar a túa profesión, sexa cal sexa o teu ámbito.

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán. Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 4 de marzo - 28 de maio.

Horario: sábados e domingos de 10 a 14 e de 16 a 20.30. O fin de semana correspondente ás vacacións de Semana Santa non haberá formación.

Lugar: Vigo (barrio de Teis)

Requisitos: maior de idade e con graduado escolar ou equivalente.

Contidos:

Psicoloxía e Educación no Tempo Libre
Animación
Educación para a Saúde
Educación Medioambiental
Organización e Recursos
Aportación: 190 € socios/as e desempregados; 200 € tarifa ordinaria*

Posibilidade de pagos fraccionados (con desconto/ ordinario)

Reserva de praza, antes do 2 de marzo: 70/80

Segundo pago, antes do 5 de abril: 60/60

Terceiro pago, antes do 5 de maio: 60/60

Documentación a entregar:

- Fotocopia do DNI

- Fotocopia título graduado escolar ou equivalente

- Foto de carné

- Resgardo bancario do pago da matrícula

- Tarxeta de desempregado (de ser o caso)

Toda esta documentación entregarase dixitalmente unha vez confirmada a praza a través de copia escaneada ou fotografía na que se poida ler todo o que o documento contén.

Para preinscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás na nosa web e enviarémosche un correo: http://www.xaruma.org/evento/293_eventosxaruma.html

Título oficial homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Agardamos por ti!

[ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds