Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(13-01-2017)

O conselleiro de Política Social amosa o seu apoio aos afectados pola esclerose múltiple nun encontro con FEGADEM

A reunión de traballo serviu como presentación da Federación e nela abordouse a importancia da prevención e sensibilización no que atinxe a esta enfermidade.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, reuníronse hoxe con responsables da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), que busca a mellora da calidade de vida das persoas que padecen esta doenza. No transcurso do encontro, o conselleiro amosou o seu compromiso con este colectivo e co benestar dos galegos e galegas, de xeito que os recursos continúen a chegar ás persoas que máis o precisan.

Na reunión, que serviu como presentación da Federación, os e as representantes de FEGADEM trasladaron as necesidades e demandas das entidades que representan para poder ofrecer os servizos máis adecuados aos usuarios e usuarias, así como para prestar o apoio necesario para as súas familias. Deste xeito, ambas partes dialogaron sobre a prevención e sensibilización e sobre a cobertura de servizos de rehabilitación e inclusión social.

Rey Varela destacou a importante tarefa que no ámbito da discapacidade e da dependencia realizan as asociacións, organizacións e entidades sociais, posto que “complementan o traballo das administracións públicas; de aí a importancia de manter unha colaboración intensa e unha acción coordinada coas mesmas”. Nesta liña, o responsable da área social do Goberno galego fixo fincapé na “plena coincidencia” de obxectivos con FEGADEM, fundamentalmente no que atinxe a “mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple”.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds