Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(05-12-2016)

A Consellería de Política Social celebra este luns o Día Internacional do Voluntariado con labores de difusión e promoción desde os 13 espazos xoves de Galicia

Unha xornada que se conmemorará baixo o slogan ‘#GlobalApplause - ¡Viva los voluntarios!’ e que pretende recoñecer o labor dos voluntarios e as voluntarias en todo o mundo, así como todo o que fan para que a paz e o desenvolvemento sustentable sexan una realidade

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, celebra hoxe 5 de decembro o Día Internacional do Voluntariado. Unha xornada que se conmemorará baixo o slogan ‘#GlobalApplause - ¡Viva los voluntarios!’ e que pretende recoñecer o labor dos voluntarios e as voluntarias en todo o mundo, así como todo o que fan para que a paz e o desenvolvemento sustentable sexan una realidade.

Desde a Xunta de Galicia, o persoal dos 13 espazos xoves sitos en Betanzos, Curtis, Carballo, Noia, Pontedeume e Santiago (na provincia da Coruña), Chantada, Vilalba e Viveiro (na provincia de Lugo), Vilagarcía, Lalín e Tui (Pontevedra) e Ourense, realizará mañá labores de promoción e difusión do voluntariado.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, asegurou que “queremos potenciar o voluntariado como fórmula de participación na sociedade a través da posta en marcha de programas de voluntariado en diversas áreas que permitan os galegos obter o certificado de experiencia voluntaria como método de adquisición de competencias transversais altamente valorado polo tecido empresarial”. Do mesmo xeito, apuntou que o voluntariado é “o elemento vertebrador da acción social e cuxas accións xeran actitudes orientadas a crear sociedades máis inclusivas, máis solidarias e a mellorar as políticas públicas en materia social”.

Cómpre destacar que Galicia incrementa ano tras ano tanto o número de voluntarios como o número de entidades inscritas no Rexistro da Acción Voluntaria de Galicia, ascendendo a 38.930 e 875 respectivamente. Ademais destaca a implicación da mocidade, xa que máis dun 74% dos preto de 2.000 voluntarios e voluntarias inscritos o ano pasado nos programa executados ou subvencionados pola Xunta de Galicia, foron persoas menores de 30 anos.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds