Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(09-11-2016)

A Xunta promove a adaptación das entidades xuvenís e locais á nova Estratexia de acción voluntaria 2016-2018

A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe en Lugo coa asociación Aliad-Ultreia.

O obxectivo de Aliad-Ultreia é vincular o seu voluntariado aos seus ámbitos tradicionais de intervención: drogodependencias, prisión e muller

Ademais, Cecilia Vázquez coñeceu de primeira man os proxectos que realizou esta entidade lucense ao abeiro do programa Servizo de Voluntariado Xuvenil

A directora xeral en funcións de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, coñeceu hoxe de primeira man o desenvolvemento dos proxectos que realizou a asociación Aliad-Ultreia no marco das axudas concedidas por este departamento autonómico a entidades de acción voluntaria e locais, e que se enmarcan no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil. Con este obxectivo, Cecilia Vázquez reuniuse esta mañá na sede desta asociación lucense do seu presidente, Manuel Varela Veiga.

Neste encontro de traballo, ao que acudiron tamén á coordinadora de voluntariado, María Barba, e o seu responsable de proxectos, Manuel Diz, presentouse a proposta de adaptación das accións de Aliad-Ultreia á Estratexia de Acción Voluntaria 2016-2018 promovida pola Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e que permite regular a actividade neste ámbito. Deste xeito, o obxectivo desta entidade de Lugo é o de vincular as persoas voluntarias ás liñas de actuación máis transformadoras da entidade, con especial atención ás accións de sensibilización en relación aos seus ámbitos tradicionais de intervención: drogodependencias, prisión e muller.

A Estratexia de Acción Voluntaria 2016-2018 inscríbese na aposta da Xunta de Galicia polo voluntariado. Cómpre lembrar que as axudas ao fomento do voluntariado son unha das políticas fundamentais da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que este ano veu incrementados os seus orzamentos nun 15% ata chegar aos 9.443.168 euros. En particular, as axudas que impulsan o voluntariado dirixidas a entidades locais e outras asociacións superaron os 520.000 euros.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds