Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(28-10-2016)


Política Social destaca o activismo solidario do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa que neste curso comeza a impartir a materia de voluntariado social

A responsable das políticas xuvenís da Xunta de Galicia destacou que os mozos e mozas teñen a posibilidade de desenvolver un itinerario completo e continuo, que comeza en Primaria con “Móvete”; segue co “Pasaporte Solidario”, dirixido a mozos ata os 12 anos; continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria; e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reunise na mañá de hoxe nas instalacións do IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa cos diferentes membros da comunidade educativa deste centro de ensino público arousán, co obxecto de asistir á presentación da programación da materia de Voluntariado social, impartida por vez primeira neste curso académico 2016/2017.

Ao longo da xuntanza se detallou de xeito pormenorizado o modelo de innovación educativa e participación do alumnado no beneficio da comunidade e contorna coñecido como APS (Proxecto - Aprendizaxe - Servizo), comezado a desenvolver na 1ª fase do curso pasado e que incluíu, ademais, conferencias e visitas de distintos persoeiros ao centro.

As persoas encargadas de facer a exposición foron unha representación dos alumnos e alumnas participantes tanto no curso pasado no APS como os estudantes da materia de Voluntariado social no presente ano académico.

Cecilia Vázquez destacou que con este proxecto a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrece unha programación para que os mozos e mozas galegos teñan a posibilidade de que desenvolvan un itinerario voluntario completo e continuo, que comeza en primaria con “Móvete”; segue co “Pasaporte Solidario”, dirixido a mozos de ata 12 anos; continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria; e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

Para a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, as escolas e os institutos deben ser, ademais de vehículos de aprendizaxe, unha contorna de formación en valores onde se fomente o compromiso e a solidariedade coas distintas causas que nos rodean. Neste sentido a introdución do Voluntariado social como materia académica incorporado no proxecto educativo do IES Castro Alobre é o mellor exemplo do acerto da estratexia de cooperación iniciada cos centros de ensino hai xa varios anos.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds