Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(14-09-2016)


A directora xeral de Xuventude fai entrega dos diplomas aos 25 participantes en estadías titorizadas en empresas de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo a través do programa ‘Deseñando o teu futuro’

◾Esta iniciativa serve para aproximar aos rapaces e rapazas galegos de entre 14 e 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que coñezan a realidade das empresas e así axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou na entrega dos diplomas acreditativos aos 25 mozos e mozas participantes no programa “Deseñando o teu futuro na Costa da Morte” promovido polos Concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo.

Esta acción, que se desenvolveu no marco do programa “Deseñando o teu futuro” da Consellería de Política Social, contou coa colaboración dos centros educativos: IES Pedra da Aguia (Camariñas), o IES Terra de Soneira (Vimianzo) e o CEIP A Picota (Mazaricos); as ANPA Pedra da Aguia (Camariñas) e Barcoma (Mazaricos); a Federación de empresarios Costa da Morte FECOM, a Asociación de empresarios e comerciantes de Vimianzo, a Asociación de empresarios e promoción económica de Camariñas, a Asociación de empresarios e comerciantes ASMECO de Muxía, a Asociación Muxía Natural de Casa rurais de Muxía, a Asociación Eu son Mazaricos (Mazaricos), a Asociación galega de profesionais do desenvolvemento local – Afiprodel (Vimianzo) e as Confrarías de pescadores de Camariñas e Muxía.

O programa Deseñando o teu futuro é unha iniciativa de educación non formal para que mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poidan realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo; que serve para aproximar aos rapaces e rapazas galegos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que coñezan a realidade das empresas.
No caso do programa Deseñando o teu futuro Costa da Morte, as 11 mozas e os 14 mozos participantes realizaron estancias visitas de 8 días de duración en empresas dos catro concellos de diversos sectores: hoteleiro, téxtil, comercio, servizos sociais, electricidade, motor, entre outros.

A titular do departamento autonómico sinalou que no marco deste programa no 2016 se financian 13 iniciativas presentadas por concellos e entidades sen ánimo de lucro, que facilitarán que un total de 351 mozos e mozas realicen estadías visitas en empresas. “Esta experiencia sirve para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional. A finalidade deste programa é axudalos na toma de decisión do seu futuro perfil profesional, para que coñezan a realidade da empresa previamente a decidir a súa traxectoria formativa profesional”.

As estadías visitas en empresas teñen unha duración mínima de cinco días e máxima de quince días hábiles e se establece unha xornada mínima diaria de catro horas. O número máximo de mozos participantes por iniciativa non pode exceder de 30.

A cantidade subvencionable a cada entidade e concello se calcula a razón de 6 euros por participante ao día, para cubrir os gastos de manutención e desprazamento do mozo ou da moza e 100 euros por participante para cubrir os custos derivados da organización das estadías-visitas.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds