Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(10-09-2016)

Máis de 200 entidades locais galegas recibirán axudas para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades de educación non formal

◾As achegas terán un importe máximo de 3.000 euros, agás nos casos de agrupacións, nos que a subvención se incrementa ata os 8.000 euros para o suposto de dous concellos ou os 15.000 euros cando sexan tres ou máis as entidades locais que se acolleran á fórmula da agrupación

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vén de resolver as axudas destinadas ás entidades locais de Galicia para a promoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude no ámbito da educación non formal e da participación.

Un total de 227 entidades locais galegas recibirán axudas por importe máximo de 3.000 euros, agás nos casos de agrupacións, nos que a subvención se incrementa ata os 8.000 euros para o suposto de dous concellos ou os 15.000 euros cando sexan tres ou máis as entidades locais que se acolleran á fórmula da agrupación aunando esforzos e recursos a prol da mocidade.

Do total de solicitudes presentadas, 5 corresponden a concellos que optaron pola fórmula da agrupación: Ares-Cabanas-Mugardos, Boqueixón-Vedra-Vila de Cruces, Amoeiro-Coles-Maside, Muíños-Lobeira, Nogueira de Ramuín-Xunqueira de Ambía-Parada de Sil.


A través desta convocatoria trátase de potenciar os servizos municipais de información xuvenil, así como fomentar actividades de educación non formal dirixidas á mocidade e á participación xuvenil no ámbito local, especialmente aquelas que promovan o emprendedurismo e faciliten a empregabilidade das mozas e mozos.


As entidades locais disporán de prazo ata o 20 de outubro de 2016 para a xustificación das axudas concedidas ao abeiro da Orde da Consellería de Política Social do 21 de abril de 2016 (DOG nº 84 do 3 de maio).

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds