Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(28-05-2015)

III Encontro de alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios

O III encontro da Rede de Centros Escolares Solidarios de Galicia tivo lugar na xornada do dia 28 de maio na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela coa participación de 15 docentes e 120 mozos estudantes de 7 dos centros académicos que forman parte da devandita Rede.

Ao longo da maña proxectáronse diferentes propostas de audiovisual sobre accións solidarias desenvolvidas nos centros, informouse do contido das actividades elaboradas polos /as propios mozos para a conmemoración do vindeiro Dia Internacional do Voluntariado e cubriuse a información do encontro por alumnas e alumnos do Colexio CPR Abrente de Portonovo a través do programa de radio da RCES, que foi, nesta edición,unha das propostas novidosas presentadas polos participantes.
Xa pola tarde nas mesas solidarias xestionadas polos centros cada un das e dos alumnos/as e profesores/as participantes tiveron a oportunidade de coñecer e intercambiar boas prácticas de carácter voluntaria desenvolvidas ao longo do ano no marco da Rede.
Para rematar todas e todos os mozos voluntarios participaron, xunto con nenas e nenos do Colexio de Infantil e Primaria de Fontiñas en Santiago de Compostela, na gravación do vídeo musical da canción da RCES “Móvete” composta polo artista compostelano Paco Nogueiras.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds