Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(19-05-2015)

Programa de intercambio xuvenil internacional (REAJ- Asociación de Inglaterra e Gales de Albergues Xuvenís)

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado desenvolve un ano máis un programa de intercambios xuvenís en colaboración coa Rede Española de Albergues Xuvenís e a Asociación de Inglaterra e Gales de Albergues Xuvenís.
Mediante o desenvolvemento deste programa, queremos dar aos mozo/as socio/as da Rede Española de Albergues Xuvenís unha oportunidade única de experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutro pais co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.

O obxectivo principal do programa é potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues.
Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estancia no pais de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.

1. A quen vai dirixido?

A mozos e mozas de 18 a 30 anos, que reúnan as seguintes características:
• Ter inquedanzas profesionais, especialmente no mundo do alberguismo.
• Ser voluntario/a dalgunha entidade de acción voluntaria, ou ter colaborado con algunha nalgún momento anterior
• Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.
• Ter un coñecemento fluído do idioma principal do pais de destino (nivel mínimo esixido de inglés: B1).
Os organizadores reservaranse en todo momento a potestade de solicitar mais información aos participantes, ben sexa para comprobar a súa veracidade ou para complementar a información.
O incumprimento dalgún dos puntos da presente convocatoria antes, durante ou despois do desenvolvemento do programa, terá como consecuencia a descualificación do participante e a non asunción por parte das organizacións implicadas das obrigas adquiridas.
As tres partes organizadoras do programa resérvanse o dereito de decisión final no hipotético caso de ausencia dalgunha información, dúbidas na interpretación da normativa ou respostas dubidosas que poidan xerarse ao longo do desenvolvemento da presente convocatoria, e que por calquera motivo a súa resolución non sexa o suficientemente clara coas presentes bases.
Así mesmo, os organizadores resérvanse o dereito de descualificación dos participantes no momento no que se detecte algunha irregularidade ou anomalía, ou calquera cousa que perxudique o correcto desenvolvemento da convocatoria ou algún elemento desestabilizador da mesma.

2. Como inscribirse?
Para realizar a correcta inscrición no programa de intercambios xuvenís internacionais, cómpre completar o formulario de inscrición que atoparás un pouco máis abaixo.
Ademais, é necesario achegar os seguintes documentos:
• Certificado que acredite ser ou ter sido voluntario/a nalgunha entidade (para a súa valoración como mérito).
• Certificado que acredite, como mínimo, un nivel B1 de inglés.
• Copia escaneada do carné de alberguista en vigor.
• Carta de motivación sobre a inscrición neste programa de intercambio en albergues.
Os organizadores resérvanse o dereito a solicitar calquera tipo de documentación adicional que permita acreditar a información proporcionada (títulos, diplomas...).
Así mesmo, os candidatos que sexan seleccionados deberán asinar unha serie de documentos de compromiso cos albergues e asociacións de albergues en que vaian colaborar.

3. Documentación necesaria dos participantes.
Todos os participantes que sexan seleccionados, deberán dispor da seguinte documentación durante todo o tempo de desenvolvemento do programa de intercambio:
• Documento nacional de identidade en vigor.
• Seguro médico no estranxeiro, xunto coa Tarxeta Sanitaria Europea (TSE).
Emisión da TSE: http:77ec.europa.eu/social/main.jsp?catld=559&langld=es
• Seguro de viaxe que cubra as perdidas de equipaxe, os retrasos, gastos médicos e a repatriación se fose necesaria (opcional, pero recomendable).
• Carné de alberguista en vigor.


Esta documentación debe achegarse por correo electrónico ao seguinte enderezo:
voluntariado@xunta.es

4. Proceso de selección dos mozo/as voluntario/as.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Albergues Xuvenís (REAJ) elixirán aos participantes do conxunto de candidaturas recibidas na web www.voluntariadogalego.org a partir do mes de maio de 2015, tendo en conta os requisitos indicados con anterioridade ou calquera outro tipo de indicacións determinadas pola asociación nacional de destino ou dos albergues.

Algunhas das condicións que se terán en conta son as indicadas no punto 1 deste documento.

Unha vez elixidos os posibles aspirantes a realizar o programa, pasaranse aos albergues de acollida os datos de contacto dos aspirantes.

Os organizadores do programa comunicarán por vía telefónica ás persoas voluntarias finalmente seleccionadas.

A finais de xuño a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado fará público o listado de persoas seleccionadas e llelo comunicará por vía telefónica.

Este programa de voluntariado desenvolverase na Gran Bretaña desde xuño ata decembro de 2015.

5. Custes:
Custes sufragados polo albergue de destino: Farase cargo da comida e o aloxamento do voluntario/a que reciba durante toda a súa estancia. (Non están incluídos os gastos en snacks, agasallos ou calquera outro que se realice fóra do albergue ou dos horarios de comida establecidos).

Custes sufragados polo voluntario: Farase cargo dos custes da viaxe e dos de transporte durante toda súa estancia (cartos para uso persoal, desprazamentos, roupa... ). Non obstante, si estarán cubertos aqueles desprazamentos que sexan consecuencia das actividades do voluntariado.

6. Duración:

A duración do programa será de 2,3 ou 4 semanas por persoa voluntaria. Non obstante, a citada duración é variable en función dos intereses dos mozo/as voluntario/as, dos albergues e dos propios organizadores do programa.
O/as voluntario/as deberán indicar no documento de inscrición o período (aproximado) no cal desexan realizar a súa acción voluntaria e os albergues nos que están interesados (ver listado).

7. Seguros:
A persoa voluntaria seleccionada deberá estar en posesión durante a súa estancia dos seguintes seguros:
• Seguro médico no estranxeiro. Tarxeta Sanitaria Europea. EMISIÓN DA TSE: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=559&langId=es
•Seguro de viaxe que cubra as perdas de equipaxe, retrasos, gastos médicos e repatriación se fose preciso. *Opcional, pero recomendado polos organizadores do programa.

8. Xornada:
• A xornada de voluntariado será de 25-35 horas semanais (5-7 hora por dia). Durante estas horas, o/as mozo/as familiarizaranse coa xestión dos albergues xuvenís, a súa dinámica, ...
• As horas de acción voluntaria distribuiranse en 5 días a semana, repartidas en quendas establecidas pola asociación de acollida (librarán 2 días consecutivos cada semana).
• Antes da chegada do voluntario/a, o pais de acollida realizará para el/a un plan xeral de actividades (actividades de voluntariado, actividades de ocio, actividades relacionadas coa cultura do pais de acollida...).
En calquera caso, prevese realizar unha xornada formativa sobre alberguismo para todas as persoas seleccionadas con carácter previo á súa viaxe a Gran Bretaña.

9. Avaliación:
Todos os albergues de acollida comprométense a asignar a cada voluntario un mentor coa función de facer de “punto de contacto” durante todo o programa e de cooperar na súa formación.
Ao final do programa de intercambio, os organizadores facilitaran aos voluntario/as unha folla de avaliación a través da cal plasmarán a súa experiencia. Ademais, os/as voluntario/as participantes recibirán un documento acreditativo da súa experiencia internacional en albergues xuvenís.


Durante o desenvolvemento do programa os organizadores do mesmo se reservan o dereito a interromper este sen ningún tipo de contraprestación económica sempre que existan razóns de peso que así o xustifiquen.

¡¡¡GRAZAS!!!

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

LISTADO DE ALBERGUES

Xuño
Howarth Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Setembro
Howarth Reino Unido)Entre 2-4 semanas.
Hawkeshead (Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Ambleside Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Hartington Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Outubro
Treyarnon Bay Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Hawkeshead Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Ambleside Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Hartington Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Novembro
Howarth Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Treyarnon Bay Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Hawkeshead Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Borrowdale (Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Ambleside Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Keswick Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Hartington Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Decembro
Borrowdale Reino Unido) Entre 2-4 semanas.
Keswick Reino Unido) Entre 2-4 semanas.


La Dirección General de Juventud y Voluntariado desarrolla un año más un programa de intercambios juveniles en colaboración con la Red Española de Albergues Juveniles y la Asociación de Inglaterra y Gales de Albergues Juveniles.

Mediante el desarrollo de este programa queremos dar a los jóvenes socios de La Red Española de Albergues Juveniles una oportunidad única de experimentar, vivir y colaborar en los albergues de otro país a fin de mejorar sus conocimientos en un ambiente internacional.

OBJETIVO PRINCIPAL DEL PROGRAMA:
Potenciar el desarrollo profesional de los jóvenes facilitándoles la formación en distintas actividades profesionales que se realicen en las instalaciones de los albergues juveniles y que estén relacionadas con sus estudios.
Así mismo, adquirirán un conocimiento intercultural durante su estancia en el país de acogida, impulsando así el aprendizaje de idiomas, el respeto por otras culturas y formas de vida, y su influencia en las distintas ramas profesionales.

1. ¿A QUIÉN VA DIRIGIDO?
Jóvenes entre 18 y 30 años de edad que reúnan las siguientes características:
• Inquietudes profesionales, y en especial por el mundo del alberguismo.
• Ser voluntario / a o haber sido de cualquier entidad de acción voluntaria. *OPCIONAL.
• Poseedor individual del carné de alberguista en vigor durante todo el desarrollo del programa.
• Conocimiento fluido del idioma principal del país de destino (INGLÉS, mínimo nivel B1).
Los organizadores se reservarán en todo momento la potestad de solicitar más información a los participantes, bien sea para comprobar su veracidad o para completar la información.
El incumplimiento de alguno de los puntos de la presente convocatoria antes, durante o tras el desarrollo del programa de intercambios conllevará la descalificación del participante y la no asunción por parte de los organizadores de las obligaciones contraídas.
Las tres partes organizadoras del programa se reservarán el derecho de decisión final en el hipotético caso de vacío de alguna información, dudas en la interpretación de la normativa o respuesta de dudas que puedan generarse a lo largo del desarrollo de la presente convocatoria y que por cualquier motivo no quede lo suficientemente clara su resolución con las presentes bases.
Así mismo los organizadores se reservarán el derecho de descalificar a los participantes en el momento de detectar alguna irregularidad o anomalía, algo que perjudique el correcto desarrollo de la convocatoria o algún elemento desestabilizador de la misma.

2. ¿CÓMO INSCRIBIRSE?
Para realizar efectiva la inscripción en el programa de intercambios juveniles internacionales, se deberá completar el formulario de inscripción pinchando aquí.
Los documentos que se deberán enviar al email voluntariado@xunta.es una vez se complete el formulario de inscripción anterior serán los siguientes:
• Fotocopia escaneada del carné de alberguista en vigor.
• Carta de motivación sobre la inscripción en el programa de intercambios en albergues.
• Certificado que acredite como mínimo un nivel B1 de inglés.
• Certificado que acredite ser o haber sido voluntario en alguna asociación. *OPCIONAL.

Los organizadores se reservarán el derecho a solicitar cualquier tipo de documentación que pueda acreditar la información proporcionada (títulos, diplomas…).
Así mismo, los candidatos que finalmente sean seleccionados deberán firmar una serie de documentos de compromiso con los albergues y asociaciones de albergues con los que colaboren.

3. DOCUMENTACIÓN NECESARIA DE LOS PARTICIPANTES:
Todos los participantes finalmente seleccionados, deberán disponer de la siguiente documentación durante todo el desarrollo del programa de intercambios:
• Carné de identidad o pasaporte en vigor.
• Seguro médico en el extranjero. Tarjeta sanitaria Europea.
EMISIÓN DE LA TSE: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=559&langId=es
• Seguro de viaje que cubra las pérdidas de equipaje, los retrasos, gastos médicos y la repatriación si fuese necesario. *Éste es opcional pero los organizadores del programa lo recomiendan tener.
• Carné de alberguista en vigor.

4. PROCESO DE SELECCIÓN DE LOS JÓVENES VOLUNTARIOS:

• La Asociación Española de Albergues Juveniles, REAJ, y la Dirección Xeral de Juventude e Voluntariado de la Xunta elegirá a los participantes entre todas las candidaturas recibidas por la web www.voluntariadogalego.org a partir del mes de mayo de 2015, teniendo en cuenta los requisitos indicados anteriormente u otro tipo de indicaciones determinadas por la Asociación Nacional de destino o los albergues.
Algunas de las condiciones que se tendrán en cuenta serán las indicadas en el punto 1 de este documento.
• Una vez se hayan elegido los voluntarios a realizar el programa de intercambios internacionales, se les pasarán a los albergues de acogida los datos de contacto de los aspirantes.

• Los organizadores del programa comunicarán por teléfono los voluntarios finalmente seleccionados.

• El programa de voluntariado se desarrollará en Gran Bretaña desde junio hasta diciembre de 2015.


5. COSTES:

• Costes sufragados por el albergue de destino: se hará cargo de la comida y alojamiento del voluntario/s que reciba durante toda su estancia. *No están incluido los gastos en snacks, regalos u otros que se realicen fuera del albergue y/u horarios de comida establecidos.

• Costes sufragados por el voluntario: se hará cargo de los costes del viaje y transporte durante toda su estancia en el país de acogida., así como cualquier otro gasto derivado de su estancia (dinero de bolsillo, desplazamientos, ropa,…). No obstante, estarán cubiertos aquellos desplazamientos que sean requeridos por la propia actividad del voluntariado.


6. DURACIÓN:
La duración del programa será entre 2 y 4 semanas por voluntario; no obstante esta duración estará abierta a los intereses de los jóvenes voluntarios, de los albergues o de los organizadores del programa.
Cada voluntario deberá indicar en el documento de inscripción la duración aproximada que desea realizar el programa de intercambios y los albergues de Gran Bretaña donde estén interesados. *Ver lista adjunta.

7. SEGUROS:
El joven voluntario deberá estar en posesión durante su estancia de los siguientes seguros:
• Seguro médico en el extranjero. Tarjeta sanitaria Europea.
EMISIÓN DE LA TSE: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=559&langId=es

• Seguro de viaje que cubra las pérdidas de equipaje, los retrasos, gastos médicos y la repatriación si fuese necesario. *Éste es opcional pero los organizadores del programa lo recomiendan tener.

8. JORNADA:


• La jornada será de 25-35 horas semanales de voluntariado en los albergues (5-7 horas diarias), durante las cuales los jóvenes se familiarizarán con la gestión de los albergues juveniles, su dinámica, funciones a desempeñar…

• Las horas de voluntariado se distribuirán en 5 días a la semana, según los turnos establecidos por la asociación de acogida y librarán dos días consecutivos.

• Tanto en España como en el país de acogida, se realiza antes de la llegada del participante al país de acogida un plan de actividades para los jóvenes, contemplando actividades de voluntariado y de ocio que promuevan el conocimiento de la cultura del país de acogida, de los albergues…*Tabla de Actividades.

• Así mismo se prevé realizar una jornada formativa en alberguismo para los voluntarios españoles que marchen a realizar el voluntariado a Gran Bretaña.

9. EVALUACIÓN DEL PROGRAMA:

• Todos los albergues de acogida se comprometen a asignar a cada joven voluntario un mentor que le sirva como punto de contacto durante el programa y coopere en su formación.

• Al final del programa de intercambio, los organizadores facilitarán a sus voluntarios una “Hoja de evaluación” a través de la cual el joven voluntario plasme sus experiencias y nos permita mejorar el desarrollo y competencias del programa en futuras ediciones.

• Cada participante recibirá por parte de los organizadores un documento acreditativo de su experiencia internacional en los albergues juveniles.


Durante todo el desarrollo del programa los organizadores del mismo se reservarán el derecho a interrumpirlo sin ningún tipo de contraprestación económica siempre que existan razones de peso que lo justifiquen.

¡¡¡GRACIAS!!!

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds