Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(08-01-2007)

Dispositivo de voluntarios en clase

O último curso de voluntariado ambiental en Allariz aínda conta con prazas dispoñibles

Os interesados en participar no curso de voluntariado ambiental que a Subdirección Xeral de Solidariedade e Participación vai impartir en Allariz o vindeiro 19 de xaneiro aínda dispón de prazas vacantes. Os interesados poden anotarse ata o próximo luns 14 a través de www.voluntariadogalego.org ou ben chamando ao Teléfono Solidario 900 400 800.

Esta iniciativa formativa será a derradeira que, sobre esta temática, leve a cabo o departamento autonómico correspondente á oferta de formación do voluntariado para 2007. O sábado 12 terá lugar un curso de voluntariado ambiental na Coruña e anteriormente desenvolvéronse en Santiago e Vigo.


Inscríbete no curso de Allariz >>
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds