No ánimo de implicar a todas as EAV nas actuacións que se levan a cabo desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para o fomento da acción voluntaria, tal e como marca o Plan Galego de Voluntariado 2011-2014, o departamento propón ás entidades , concellos e mancomunidades de municipios que envíen as súas iniciativas.
A idea é que desde a Dirección Xeral se poida ofrecer un programa de formación amplo e interesante e, ao tempo, responder ás necesidades reais dos voluntarios e persoal técnico das entidades de acción voluntaria.
O que se pretende é, ao fin, presentar unha formación máis centralizada e integral de xeito que as EAV poidan adicar os seus esforzos ás accións directas no ámbito ao que se adican.
Baixo estes principios, o programa formativo do próximo ano englobará cursos GRATUITOS que axuden a aumentar o grao de coñecemento sobre as actividades de voluntariado e os diversos sistemas de acreditación e identificación dos voluntarios, mellorar as relacións interpersoais, os sistemas de organización e xestión, así como ofrecer instrumentos de traballo interdisciplinar e confrontar e transferir o coñecemento.
Poremos igualmente especial atención sobre a transversalidade das políticas de apoio ao voluntariado nos diferentes ámbitos de actuación.
As EAV poderán presentar as súas propostas de cursos ata o 15 de decembro.
O único que deben facer é cubrir e enviar o formulario que atoparedes no apartado de descargas ao enderezo electrónico voluntariado@xunta.es, indicando no asunto "Propostas para o Programa de Formación de Voluntariado 2015" Para calquera información complementaria, escribir ao correo electrónico referido.