Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(04-01-2007)

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade informa sobre a nova orde de subvencións para 2008 nas catro provincias

Os encontros coas asociacións voluntarias comezarán o venres 11 en Ourense e logo continuarán o xoves 17 na Coruña, o venres 25 en Lugo e o 15 de febreiro en Vigo.

Durante as próximas semanas realizaranse nas catro provincias galegas encontros entre o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, e todas as entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria para informar aos seus responsables sobre a nova orde de subvencións deste ano.

Asimesmo, e dentro da filosofía do Plan Galego do Voluntariado 2006-2010 de fomentar a participación de todas as unidades de acción voluntaria, contrastarase con todos os asistentes os temas cos que a dirección xeral traballa actualmente.

Estas xornadas comezarán o próximo venres 11 de xaneiro en Ourense. Todas as entidades da provincia que desexen acudir están convocadas a esta reunión ás 10.00 horas na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (rúa Arturo Serantes s/n). Prégase confirmación de asistencia chamando ao teléfono 900 400 800 ou por correo electrónico: telefonosolidario@xunta.es, voluntariado@xunta.es.

A próxima xuntanza será o xoves 17 de xaneiro no Edificio de Servizos Múltiples da Coruña (rúa praza Luís Seoane, s/n). O venres 25 deste mesmo mes, o director xeral desplazarase a Lugo onde as entidades están citadas no Complexo Residencial Lug (rúa Pintor Corredoira, 4). O último encontro informativo será o venres 15 de febreiro no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8). En todos os casos, a hora da reunión tamén será ás dez da mañá.

Orde do día
Así, na orde do día figuran os seguintes puntos:
1.- Ordes de subvencións: estado de tramitación e análise do seu contido. (Claves para pedir unha subvención correctamente á Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade).
2.- Desenvolvemento do portal de voluntariado desde a súa posta en marcha en abril de 2007.
3.- Presentación do programa de formación do voluntariado para o ano 2008.
4.- Análise e seguimento do Plan Galego de Voluntariado 2006-2010.
5.- III Congreso Galego de Voluntariado (Nova formulación. Propostas das entidades sobre temáticas e formato).

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds