Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(28-04-2014)

REDE DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

Dentro do programa "Rede de Centros Escolares Solidarios" a semana pasada leváronse a cabo diversos obradoiros de voluntariado en acción en distintos centros adheridos ao programa.

O 24 abril levouse a cabo un obradoiro de voluntariado en acción no CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN en Dodro, onde alumnos de 4º da ESO afondaron nas ideas previas sobre a educación canina e sensibilización dos seus donos, e elaboraron un primeiro borrador do storyboard. Contouse coa colaboración dunha veterinaria para o proceso de identificación de consellos e medidas útiles.
Na gravación do storyboard participará alumnado de 2º de primaria xunto ao alumnado de 4º.


o 25 de abril puxose en marcha outro obradoiro de voluntariado en acción no IES TERRA DE SONEIRA de Vimianzo con alumnos de 3º da ESO,para impulsar unha campaña de promoción do voluntariado no centro.


GALERIA DE IMAXES
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds