Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(11-03-2013)


Xornada solidaria en Ferrol a cargo 'CPI Virxe da Cela' da 'Rede de centros escolares solidarios'

Poucas veces podemos facer tantas cousas en tan pouco espazo de tempo. A xornada realizada o mércores día 6 de marzo en Ferrol foi moi completa e moi gratificante para o alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela. Ás 9:45 horas os rapaces e rapazas repartíronse caixas repletas de alimentos e bolsas cheas de tapóns de plástico e as levaron ao maleteiro dos autobuses.

Despois dun tranquilo traxecto Monfero-Ferrol, e a pesares da choiva, os rapaces carretaron as caixas de alimentos e as levaron á Cociña Económica de Ferrol. Esta é a terceira campaña "Operación Quilo" realizada no CPI Virxe da Cela de Monfero, e a segunda vez que o centro visita as instalacións desa institución solidaria ferrolá. Visitar a cociña económica sempre vale a pena aínda que soamente sexa para levar un paquete de arroz, porque percorrer as instalacións e recibir unha charla explicativa é o punto que mellor fai consciente ao alumnado de que un simple xesto individual pode significar a transformación da sociedade. Alí os rapaces e rapazas puideron observar a limpeza, a pulcritude e a calidez do local, o trato cordial dos seus traballadores, a calidade dos alimentos que utilizan para elaborar as comidas, etc. A viaxe solidaria finalizou realizando unha última parada na Fundación Seur, situada no Polígono da Gándara, para depositar a decena de bolsas cargadas de tapóns de plástico para unha boa causa, o proxecto "Tapóns para unha nova vida", promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Foi un día moi especial, e todos e todas os alumnos do CPI Virxe da Cela puideron experimentar a agradable sensación de compartir e contribuír á construción dun mundo mellor.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds