Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(04-12-0200)

Actuación da gala Mar de Mans: Carmen París e Uxía Senlle

A TVG emite a gala solidaria

A gala, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, homenaxea cinco anos despois ao movemento solidario que xurdido en Galiza a causa da catástrofe do Prestige

A Televisión de Galicia emite o próximo mércores día 5 de decembro, a gala solidaria "Mar de mans", coincidindo coa celebración do Día Mundial do Voluntariado.

Durante a gala, que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Pontevedra, fíxose entrega dos primeiros premios á Solidariedade e Galiza, que foron outorgados de xeito colectivo á xente do mar, aos voluntarios e entidades ecoloxistas e á sociedade, que se mobilizaron tralo desastre do Prestige, acontecido en 2002. Os encargados de recoller os galardóns foron Pablo Villar, xerente da cofradía de Cangas, representantes de Adega e o actor Manuel Lourenzo.

O actor Carlos Blanco exerceu de presentador da gala, amenizada con actuacións en directo de quince artistas. Os invitados foron Uxía Senlle, Marfil, Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Toñito de Poi, Coti, Ismael Serrano, Kiko Veneno e Raimundo Amador, Carmen París, Xurxo Souto e Pulpiño Viascón, Manecas Costa, Narf e Víctor Coyote.

Durante o evento foron proxectados varios videos de homenaxe e agradecemento aos voluntarios participaron na recollida do fuel, e houbo intervencións dalgúns dos protagonistas da "marea branca" de solidariedade chegada a Galicia en decembro hai xa cinco anos. Precisamente para con motivo deste triste aniversario, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade organizou unha serie de actos co nome de Galiza no corazón!, dos que forma parte esta gala, que contou coa presencia do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e do director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds