Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(28-10-2013)

TAPÓNS PARA UNHA NOVA VIDA

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado está a colaborar coa Fundación Seur no proxecto “Tapóns para unha nova vida”. Para iso colocou en diversos lugares adscritos á propia Dirección Xeral puntos de recollida de tapóns de plástico.

Lembra que todos os tapóns de plástico de calquera envase son válidos: bebidas, deterxentes, condimentos…

Coa nosa aportación xa axudamos a moitos nenos a acadar os seus propósitos, sigamos axudando a moitos máis.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pon a disposición os seguintes puntos para a recollida:


Centro Coordinador de Información Xuvenil, Plaza do Matadoiro s/n, Santiago de Compostela
Casa da Xuventude de Curtis - Estrada Estación s/n, 15310 Curtis
Casa da Xuventude de Lalín - R/ Pena Toares, 2, 36500 Lalín
Casa da Xuventude de Noia - R/ Pedra Sartaña, s/n, 15200 Noia
Casa da Xuventude de Pontedeume - R/ Alameda de Raxoi s/n, 15600 Pontedeume
Casa da Xuventude de Betanzos - R/ Valdoncel, 7, 15300 Betanzos
Casa da Xuventude de Carballo - R/ Valle Inclán, 24, 15100 Carballo
Casa da Xuventude de Chantada - R/ Rosalía de Castro, 1, 27500 Chantada
Casa da Xuventude de Ourense - R/ Celso Emilio Ferreiro, 27, 32004 Ourense
Casa da Xuventude de Tui - R/ Sanz, 28, 36700 Tui
Casa da Xuventude de Vilagarcía - R/ Juan Carlos I, 37, 36600 Vilagarcía
Casa da Xuventude de Vilalba - R/ Novo Cazón, s/n, 27800 Vilalba
Casa da Xuventude de Viveiro - Avda. Cervantes s/n, 27850 Viveiro
Complexo Xuvenil LUG2 - Rúa Pintor Corredoira, 4 – 27002 Lugo

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds