Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(06-02-2013)


Comeza o proxecto de elaboración de micromovies a prol do voluntariado na Rede de Centros escolares solidarios

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado vén de comezar a posta en marcha do proxecto de elaboración de micromovies a prol do voluntariado, realizadas desde a participación activa do alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios.

O programa ten como obxectivo principal fomentar os valores da solidariedade e transformación social que hai tras a acción voluntaria, así como desenvolver diferentes propostas educativas adaptadas aos proxectos de voluntariado que están a executar en cada centro pertencente á Rede de Centros Escolares Solidarios, que son os seguintes:
IES A PINGUELA
CPI VIRXE DE CELA
IES MUGARDOS
IES DAVID BUJÁN
AFONSO X O SABIO
CPI EUSEBIO LORENZO BALERION
IES CARLOS CASARES
CPI DOMINGO FONTÁN

O proxecto de elaboración de micromovies, que este ano dará contido á Rede de Centros Escolares Solidarios, comeza cunha charla formativa de presentación do dito proxecto en cada centro. A segunda fase consistirá en que os alumnos participantes constrúan unha verdadeira rede, a través da selección dun lema propio e dun espazo común (facebook, blog, puntos de encontro,…) en que o alumnado poida realizar as súas achegas.
Tamén se realizarán obradoiros de acción voluntaria que permitirán aos rapaces, a partir da realización dun comic, deseñar o guión da micromovie.
Finalmente, todo este proceso rematará coa grabación das micromovies, como elemento vertebrador e nexo da Rede de centros escolares solidarios.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds