Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(23-05-2012)


III módulo da formación dos voluntarios dixitais: 'Por unha cidadanía activa: o voluntariado sénior'

A solidariedade e o apoio mútuo son valores que están a promover día a día moitos dos alumnos e alumnas da Universidade Sénior que participan en diferentes actividades de voluntariado.

Os voluntarios e voluntarias sénior pódense converter en axentes dun moi enriquecedor contacto interxeracional que promova a convivencia en espazos de liberdade e igualdade, superando as barreiras de idade e os estereotipos.

Os alumnos e alumnas da Universidade Sénior son axentes activos nunha sociedade que non pode esquecer o traballo cara a integración e o benestar dos seus cidadáns.

Por este motivo, a Universidade Sénior organiza esta xornada co gallo da celebración no presente ano 2012, do Ano Europeo do Envellecemento Activo e a Solidariedade entre xeracións.

Programa
10:00 Inauguración polo Vicerreitor de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías da UDC e a Directora da Universidade Sénior.
10:15 Intervención da Oficina de Voluntariado e Cooperación da UDC, a cargo de Lorena Rilo (Técnica da OVC) e María Calleja
(Alumna PCR)
11:00 Intervención a cargo de Felicitas Rodríguez González. Coordinadora do Programa Voluntariado Dixital, impulsado pola Xunta de Galicia no que colabora a Universidade Sénior da Coruña.
11:30 Mesa Redonda de diferentes experiencias de voluntariado sénior por parte de alumnos/as e exalumnos/as da Universidade Sénior da UDC.

O acto terá lugar no Salón de Actos do Centro Universitario de Riazor (rúa do Almirante Lángara, s/n) da Coruña.


Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds