Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(13-04-2012)


Convocatoria Módulo II

O Programa Voluntariado Dixital, que acaba de poñer en marcha a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia-Amtega en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, vai comezar no marco do Programa de capacitación e formación 2012 "Voluntariado e TIC", o II Módulo "Voluntariado e Habilidades Sociais".

Este módulo, ó igual que o anterior, vai dirixido ós voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria inscritos no programa ó longo destes meses.

A metodoloxía do Módulo II desenvolverase baixo a fórmula mixta, e consitirá en catro horas presenciais e catro horas on-line de traballo individual para a recensión de lecturas recomendadas na acción formativa presencial.

A parte presencial celebrarase o próximo xoves 19 de abril na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, en horario de mañá de 10:00 a 14:00.


Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds