Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(09-03-2012)


Programa de capacitación e formación 2012

O Programa Voluntariado Dixital que acaba de poñer en marcha a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, vai comezar o seu Programa de capacitación e formación 2012 "Voluntariado e TIC".

O programa de formación quere ofrecer unha correcta capacitación ós voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria inscritos para orientalos nas súas tarefas de acción solidaria a través do Curso “Voluntariado e TIC” incluído no Plan de Formación do Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
O curso de formación ofrecerá ós voluntari@s e persoal técnico das entidades de acción voluntaria a formación específica e xenérica estruturada en seis módulos, os cales desenvolveranse ó longo dos meses de marzo a maio de 2012, sendo o módulo I e o II de obrigado cumprimento de cara a participar no proxecto.
- MÓDULO I: Obxectivos e alcance do proxecto
- MÓDULO II: Formación voluntariado e habilidades sociais
- MÓDULO III: Formación TIC
- MÓDULO IV: Características especiais en colectivos en risco de exclusión social
- MÓDULO V: O voluntariado como apoio no deseño de estratexias de alfabetización dixital
- MÓDULO VI: Promoción do uso seguro e responsable das TIC entre os menores

Dirixímonos a vos para informarvos de que o 1º Módulo de Formación será o 20 de marzo no Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela, adxuntase programa do mesmo.

Para solicitar a inscrición nesta xornada, podedes facelo a través deste correo voluntariadodixital@xunta.es aportando os seguintes datos:

No caso de que sexas unha persoa voluntaria:
- Nome e apelidos
- DNI
- Email
-Teléfono de contacto

No caso de que sexas entidade de acción voluntaria:
- Nome da entidade
- CIF
- Datos de contacto das persoas que van asistir


O equipo de VOLUNTARIADO DIXITAL
881.999.120

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds