Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(01-02-2012)


Primeira convocatoria do Programa de Voluntariado Dixital

O programa Voluntariado Dixital promovido pola AMTEGA (Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia) en colaboración coa Consellería de Política Social, ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a una maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía.

Primeira convocatoria: Dende o 1 de febreiro ata o 29 de febreiro de 2012.

O programa combina o ámbito do voluntariado e as novas tecnoloxías mediante a creación dunha rede de voluntarios e entidades colaboradoras que ofrecen a súa axuda para introducir aos participantes na sociedade da información e o coñecemento.
As entidades colaboradoras poden ser de tres tipos:
Entidades de acción voluntaria: Son as organizacións do terceiro sector e de acción voluntaria que participan directamente na execución do proxecto. Para adherirse ó programa deberán estar inscritas no Rexistro de entidades de acción voluntaria da Xunta de Galicia
Organismos Colaboradores Estratéxicos: Tratase de entidades públicas e/ou privadas que representan intereses profesionais, académicos, empresariais e/ou sociais, que se converten en colaboradoras fundamentais do programa dunha maneira continua e duradeira.
Mecenas Dixitais: Son empresas privadas do sector TIC que participan nas diferentes liñas de mecenado definidas no programa.

A inscrición e solicitude realizarase de maneira on-line na web do programa: voluntariadodixital.xunta.es

Se es un internauta maior de 18 anos, cun coñecemento tecnolóxico de usuario medio e unha entidade de acción voluntaria inscrita no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia, anótate como voluntariado dixital e/ou entidade de acción voluntaria na web do programa voluntariado dixital.
Se es unha empresas do sector TIC ou un organismo interesado en colaborar con nós, podes manifestar o teu interese a través da web do programa voluntariado dixital ao longo de todo o ano 2012.

Máis información:

Correo electrónico: voluntariadodixital@xunta.es
web: voluntariadodixital.xunta.es
Para aclarar dúbidas tamén poder pinchar neste enlace: VOLUNTARIADO DIXITAL

Presentación Voluntariado Dixital.

Voluntarios dixitais no XGN


Progama formación Voluntariado Dixital - I Módulo

Convocatoria II Módulo
"Voluntariado e Habilidades Sociais"

III Módulo "Por unha cidadanía activa: o voluntariado sénior"

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds