Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(07-02-0011)

A ASOCIACIÓN VALPONASCA PARTICIPOU NO XIV CONGRESO ESTATAL DE VOLUNTARIADO

A Asociación Valponasca participou a pasada semana no XIV Congreso Estatal de Voluntariado celebrado en A Coruña os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.

Os obxectivos que pretendíamos acadar coa nosa participación neste evento eran claros: darse a coñecer e establecer novas relacións con outras entidades. Neste sentido estamos satisfeitas xa que fixemos unha boa labor de difusión e interesámonos en coñecer ás outras entidades participantes.

Así, Valponasca participou con estand propio proporcionando información sobre a entidade e o seu xa coñecido programa CASA, presente en Lugo, Vigo, León e Madrid, a toda persoa interesada que se achegaba a coñecernos. Ademais disto, tamén puxemos á venta productos na Tenda Solidaria do congreso, camisetas e chapas deseñadas por Kukusumuxu, co obxectivo de recadar fondos para os nosos proxectos.

Por último destacar que polo noso estand pasaron, ademais de numerosos congresistas e persoas visitantes, Beatriz Mato (Concelleira de Traballo e Benestar), Ovidio Rodeiro (Director Xeral de Xuventude e Voluntariado), o equipo local de baloncesto de A Coruña, Alberto Núñez Feijóo (Presidente da Xunta) e os Príncipes de Asturias, que asistiron para clausurar o Congreso e facer a entrega dos Premios de Voluntariado Social.

[ASOCIACIÓN VALPONASCA]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds