Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(31-05-2011)

Créase o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación

O Diario Oficial de Galicia do 25 de maio publica o Decreto 90/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

Recoñécense como axentes de cooperación as ONG, empresas, sindicatos e outros axentes sociais con sede social ou delegación permanente en Galicia.

E modifícase a sección correspondente ás ONG, co fin de que se inscriban nesta sección, especificamente, aquelas entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento. Ademais, no prazo de 6 meses, as entidades deberán adecuar a súa inscrición á nova normativa.

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds