Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(13-04-2010)

Curso "Cooperación ao desenvolvemento dende a Universidade: Experiencia da UDC"

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña abre o prazo de preinscrición para o curso "Cooperación ao desenvolvemento dende a Universidade: Experiencia da UDC" que se celebrará os días 6 e 7 de maio de 2010 en horario de 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 no Campus de Elviña.

Se ben é un curso de carácter aberto, teñen prioridade de inscrición, por esta orde, voluntariado da OCV, voluntariado e persoal técnico de ONG e asociacións de inmigrantes, estudantado da UDC e por último, a orde de preinscrición na listaxe.

O curso é gratuíto para o voluntariado, e ten un coste de 15 € para o público xeral, e concederase un crédito de libre configuración pola asistencia ao 85% das horas lectivas.

O período de preinscrición será do 1 ao 26 de abril, no teléfono 981 167 000, ext. 1740 ou 1752, ou por correo electrónico, enviando os teus datos persoais (nome e apelidos, dni, teléfono e correo electrónico) a ocvcoop@udc.es. Deberán indicar tamén se cumplen algunha das prioridades de incrición: voluntariado da OCV, voluntariado e persoal técnico de ONG e asociacións de inmigrantes, estudantado da UDC e por último, a orde de preinscrición na listaxe.
[UNIVERSIDADE DA CORUÑA - OFICINA DE COOPERACION E VOLUNTARIADO (OCV)]

Descarga asociada

Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado