
O pasado 25 de febreiro púxose en marcha a primeira convocatoria do Curso Básico de Voluntariado Xacobeo 2010.
Os calificados APTOS no curso tenen que facer obrigatoriamente 18 horas de actividades de participación social dentro do programa de voluntariado Xacobeo 2010, para convalidar o crédito de libre configuración.
Pódense facer ata 72 horas máis polas que obterá un crédito, ata un máximo de tres, por cada 24 horas de actividade.
Os horarios das actividades son :
De 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 nas oficinas de información.
De 09:00 a 15:00 voluntariado por patrullas.
De 13:00 a 19:00 información nos albergues.
Os voluntarios que desexen colaborar en acompañamento de grupos o horario será a disposición do grupo
Este curso será convocado ao longo deste ano en sucesivas edicións.