(09-03-2010) A
Oficina de Cooperación e Voluntariado realizará un seminario sobre "Habilidades sociais e primerio contacto coas persoas sen fogar para persoas voluntarias", orientado ao programa de voluntariado con persoas sen fogar que se coordina dende a OCV. O seminario terá lugar o día 12 de marzo 10.00 a 14:30h no aula 1/1 da Facultade de Socioloxía. O curso utilizará unha metodoloxía dinámico - participativa. Se ben é un seminario de carácter aberto, teñen prioridade de inscrición, por esta orde, voluntarios/as da OCV, doutras entidades, estudantes da UDC e por último, a orde de preinscrición na listaxe. O curso é gratuíto.
O período de preinscrición será do 15 de febreiro ao 10 de marzo, no teléfono 981 167 000, ext. 1740 ou 1752, ou por correo electrónico, enviando os teus datos persoais (nome e apelidos, dni, tlf e mail) a ocv@udc.es. Deberán indicar tamén se cumplen algunha das prioridades de incrición: ser voluntario/a dalgunha entidade de voluntariado ou pertencer á comunidade universitaria.
[UNIVERSIDADE DA CORUÑA - OFICINA DE COOPERACION E VOLUNTARIADO (OCV)]