Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(25-01-2010)

cartaz

Exposición de entidades de acción voluntaria na Coruña

Hoxe, día 25 de xaneiro, inauguración ás 19:30 h. da exposición de Entidades de acción voluntaria no Pazo de M.ª Pita (sala de exposicións): "Esta moda é para sempre".

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística inaugura este luns 25 de xaneiro, ás 19:30 h, no Pazo de M.ª Pita, a exposición Esta moda é para sempre. Entidades de acción voluntaria da Coruña, co obxectivo de lle dar a coñecer á cidadanía as entidades de acción voluntaria con sede no municipio.
Esta exposición está formada por un total de 47 paneis informativos, cada un dos cales contén información relativa a unha organización non gobernamental: denominación, orixe, ámbito en que desempregan o seu labor, inquedanzas e expectativas, valores que promoven e, por suposto, todas aquelas actividades en que as persoas interesadas poderían participar como voluntarias, contribuíndo coas súas achegas á consolidación dunha verdadeira rede de solidariedade na cidade, nos diversos ámbitos do social (infancia e mocidade, cooperación internacional, drogodependencias, maiores, diversidade funcional etc.).
Comezando hoxe a súa andaina por diversos espazos públicos e privados da cidade, a exposición poderá visitarse na sala de exposicións do andar baixo do Pazo de M.ª Pita, até o día 30 de xaneiro, para continuar do día 1 ao 13 de febreiro nas intalacións do centro comercial Espacio Coruña, e do día 15 ao 25 de febreiro no centro comercial Dolce Vita. O 27 de febreiro estará exposta no Palexco, de 10:00 a 21:00 h, no marco dun encontro festivo de entidades solidarias denominado: Espazo Solidario. A partir do mes de marzo, seguirá o seu periplo por diferentes centros públicos e privados, como o Sporting Club Casino, a Universidade da Coruña, varios centros cívicos e sociais municipais, institutos de bacharelato e centros de formación profesional, a Casa Museo Casares Quiroga, a Casa do Mar etc.

Invitámosvos a todas e a todos a coñecela.

[CONCELLO DE A CORUÑA / CENTRO MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO]

Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado