Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(22-12-2009)

Voluntarios no Xacobeo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo poñen en marcha o Voluntariado Xacobeo 2010 que se desenvolverá durante o vindeiro Ano Santo ao longo dos 9 Camiños de Santiago.

O programa está destinado a todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar en tarefas basicamente informativas, culturais e de enlace entre outros organismos ou persoas.

VOLUNTARIADO INFORMATIVO, CULTURAL E DE SERVIZOS
A través dun posto de información fixo, limitándose aos puntos máis críticos do Camiño, onde os voluntarios e voluntarias informarán das actividades, visitas ou servizos que se realizan pola zona correspondente.

Colocaranse paneis informativos ao longo dos 9 Camiños, indicando os lugares onde se atoparán eses puntos de información, que estarán situados nos albergues de peregrinos elixidos e nas Oficinas Municipais de Información Xuvenil
dos concellos colaboradores do programa de voluntariado.

VOLUNTARIADO DE INFORMACIÓN Móbil AO PÉ DO CAMIÑO
Patrullando por parellas os tramos entre as etapas dos diferentes camiños –segundo a distribución adxunta– e ofrecendo información ao viaxeiro que a solicite.

VOLUNTARIADO DE ACOMPAÑAMENTO DE GRUPOS
Para grupos organizados que así o requiran. É preciso ter cumpridos os 18 anos.

VOLUNTARIADO DA SABEDORÍA
Para que os maiores de 65 anos do lugar conten as súas experiencias e vivencias no Camiño.

DATAS DE REALIZACIÓN
- Durante a Semana Santa
- A partir de Semana Santa: o voluntariado desenvolverase durante as fins de semana (sábados e domingos).
- A partir do mes de xuño: o voluntariado terá unha duración mínima de 3 días e máxima de 15.

CONDICIÓNS XERAIS

Para participar como voluntario/a é preciso reunir os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos os 18 anos (sen límite de idade).
- Coñecer o lugar de desenvolvemento do voluntariado. Fomentarase o voluntariado local, para que a información que se proporcione sexa o máis ampla e correcta posible.
- Realizar e obter a cualificación de “apto” no curso de formación en liña que se ofertarán.

Anótate chamándo ao teléfono solidario 900 400 800.

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds