Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(05-10-2005)

Enxeñería sen fronteiras

Ofertas de emprego en organizacións do sector non lucrativo

Enxeñería sen Fronteiras e Galicia Acolle precisan cubrir varios postos de traballo

ADMINISTRATIVO PARA ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS

Requisitos:

· Capacidade de traballar en equipo.
· Coñecemento ou experiencia demostrables no mundo da cooperación e o voluntariado.
· Manexo de procesadores de texto, follas de cálculo e bases de datos.
· Coñecementos dos idiomas galego e castelán.

Valorarase, ademais do grao de profundidade nos requisitos expostos:

· Experiencia do voluntario en ESF ou noutras organizacións de traballo na cooperación ou no ámbito social.
· Experiencia na xestión e formulación de proxectos.
· Estudos relacionados co traballo a realizar.
· Coñecementos do idioma inglés.

Fases do proceso de selección:

· Valoración do currículo
· Proba de coñecementos básicos en Microsoft Word y Excel.
· Entrevista Persoal

Lugar de traballo: A Coruña
Duración do contrato: 4 meses (por sustitución). 25 horas semanais en horario negociable.
Prazo envío de candidaturas: 15 de outubro. As solicitudes deberán conter un curriculum vitae e unha carta persoal de motivación. Deberán presentarse por calquera das dúas modalidades seguintes:
· Por correo electrónico á dirección de info@galicia.isf.es especificando, no asunto “Administrativo. ESF”
· Por correo postal á dirección:
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia.
ETSE Camiños, Canais e Portos.
Campus de Elviña, s/n.
15071 A Coruña.

2 MEDIADORES/AS INTERCULTURAIS PARA GALICIA ACOLLE

Condicións laborais:
· Xornada completa.
· Horario Flexible.
· Dispoñibilidade para viaxar (Madrid e Barcelona).
· Contratación segundo a categoría 3 do Convenio de Persoal laboral da Administración do Estado.

Requisitos:

· Formación académica: licenciatura ou diplomatura no ámbito das Ciencias Sociais, técnica/o de integración social, postgrado en Medicación Social Intercultural.
· Formación Complementaria: Formación específica en habilidades para a resolución de conflictos, intervención comunitaria, traballos con grupos, dinamización de actividades,...

Valorarase:
· Metodoloxía de Mediación Social Intercultural.
· Contexto migratorio.
· Idiomas: español, inglés, francés e árabe.
· Informática: coñecemento a nivel usuario/a do entorno Office.
· Formación en xestión do voluntariado.

Máis información e envío das candidaturas:
Javier Hermida Porto.
Secretario de Galicia Acolle.
Rúa San Roque 6 bis, 1º. 15704.
Santiago de Compostela.
E-mail: galicia.acolle.secretaria@redacoge.org

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds