Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(25-11-2009)

Espertar en Mozambique

A realidade social de Mozambique con especial consideración á situación das mulleres mozambiqueñas e á incidencia do VIH no tecido social local protagonizan este documental que Axuda en Acción proxecta en colaboura con CASCO -Comité Antisida de A Coruña-, o vindeiro 30 de novembro en A Coruña, o día 1 de decembro en Ferrol e o día 2 de decembro en Narón.

O vindeiro 30 de novembro terá lugar a presentación oficial en Galicia do documental Espertar en Mozambique na Aula Caixa Galicia (Rua Médico Rodríguez) de A Coruña coa primeira proxección do filme. Ao día seguinte, xa o primeiro de decembro, a proxección trasladarase a Ferrol na Casa da Muller ( Rúa de Lugo, 56) para culminar o día 2 de decembro en Narón na Biblioteca Municipal ( Alto do Castiñeiro), concello onde tamén poderá verse a exposición Sí do xénero, do primeiro ao dez de decembro no Auditorio Municipal de Narón.
Espertar en Mozambique é o documental que narra a vida da sociedade mozambiqueña con especial consideración da incidencia do SIDA na poboación local asi como a pobreza, a desigualdade de xénero e a falla de educación, dificultadres principais do país africano.
[FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN]

Descarga asociada

Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado