Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(24-07-2009)

A Estrada pon en marcha unha Ludoteca Itinerante de Verán

As actividades son totalmente gratuítas xa que son realizadas por monitores voluntarios.

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada pon en marcha a Ludoteca itinerante de verán, que comezará a funcionar a partires do 3 de agosto

As actividades terán un carácter lúdico á par que educativo, e inclúen obradoiros de manualidades manualidades, de medio ambiente, de animación a lectura, xogos populares, dinámicas, xogos de mesa, están dirixidas a nenos e nenas entre 6 e 12 anos.O seu custe e gratuíto,e non precisan de inscrición. Os rapaces e rapazas só terán que achegarse ao lugar ondese celebran para participar nas mesmas.

A Ludoteca funcionará entre as 10:30 e as 12:30 da mañá, e percorrerá de xeito rotatorio cinco parroquias do Concello: Arnois, San Andrés de Vea, Codeseda, Rubín, e A Estrada. Na capital municipal funcionará todos os luns e mércores, entre o 3 e o 31 de agosto. O 6 e o 7 de agosto, estará en Codeseda, para desprazarse a Arnois os días 13 e 14 e a San Andrés de Vea o 20 e o 21, rematando en Rubín os días 27 e 28 do vindeiro mes.

En canto aos lugares que acollen esta actividade, serán a Avenida Vigo número 36 da Estrada, e os locais sociais das referidas parroquias.


Máis información no teléfono: 986 573 265




[CONCELLO DE A ESTRADA]

Xunta de Galicia. Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado